Ampliamos prazo para solicitar a bolsa que, este 2023 sacamos no noso Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) para persoal docente de centros de ensino secundario de Galicia, financiada pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia no proxecto Hacke...

Ampliamos prazo para solicitar a bolsa que, este 2023 sacamos no noso Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) para persoal docente de centros de ensino secundario de Galicia, financiada pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia no proxecto Hackers Sen Fronteiras.

A persoa seleccionadas realizará un itinerario formativo específico previo para participantes no PCR, cunha pequena parte presencial e outra parte en liña. A continuación, nalgún momento entre xuño e setembro, terá lugar a estancia en Honduras. Alí poderá coñecer os proxectos nos que participamos, o traballo das organizacións hondureñas coas que colaboramos, e vivir de primeira man esa realidade, acompañando a outras dúas persoas non docentes que participarán tamén no programa e ao resto do equipo en terreo. A estancia poderá durar entre 1,5 e tres meses, según dispoñibilidade da persoa seleccionada.


Enxeñería Sen Fronteiras faise cargo da viaxe, seguro e aluguer da vivenda en terreo, así como posibles desprazementos ás activides se se programen. A cargo da persoa correrá a súa manutención e gastos correntes da vivenda (auga, luz, …), así como o restos dos gastos persoais que poida ter na estancia.

Se tes interese, ou sabes dalguén que o poida ter, aquí están as bases completas, con información sobre o contexto, os criterios de selección, o xeito de presentar candidatura e os prazos.

Data límite de presentación de candidatura, 19 de marzo ás 23:59

Neste segundo episodio de ESF-Televisión quixemos atoparnos “en 3D” cunha persoa á que levamos tempo seguindo en ESF Galicia, sobre todo pola súa faceta de activista anti-capacitista. Así que invitamos a Héctor Tejón a que nos acompañara nun faladoir...

Neste segundo episodio de ESF-Televisión quixemos atoparnos “en 3D” cunha persoa á que levamos tempo seguindo en ESF Galicia, sobre todo pola súa faceta de activista anti-capacitista. Así que invitamos a Héctor Tejón a que nos acompañara nun faladoiro na nosa sede, na Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos (onde ademais puidemos comprobar algunha que outra eiva na accesibilidade a algunhas zonas…).

Héctor defínese a si mesmo como: Politólogo. Sociólogo. Acti-vista, investigador social, doutorando en Socioloxía UDC. Con-vivindo con Esclerose Múltiple.

Ademais, ten unha canle en youtube onde se convirte en Tronco Parlante e onde, ademais de desfogar pola hostilidade das cidades (e a sociedade) para as persoas con problemas de mobilidade, que se concreta a nivel infraestructuras, falta de civismo, pasotismo das institucións para cumplir a lexislación ou intereses escuros no acceso ás tecnoloxías de apoio ás persoas con problemas de mobilidade…), fai, pensamos nós, un exercizo enorme de apertura emocional e de amosarnos outra perspectiva que nos poida leva a unha sociedade máis inclusiva e, polo tanto, mellor.

De todo iso falamos con el nesta entrevista!

Produce: Jorge Lama

Modera: Sergio Fernández