Abrimos prazo para solicitar unha das tres prazas que este 2023 sacamos dentro do noso Programa de Coñecemento da Realidade (PCR). Haberá un proceso de selección de tres persoas. Unha das prazas está enfocada específicamente a persoal docente de cent...

Abrimos prazo para solicitar unha das tres prazas que este 2023 sacamos dentro do noso Programa de Coñecemento da Realidade (PCR).

Haberá un proceso de selección de tres persoas. Unha das prazas está enfocada específicamente a persoal docente de centros de ensino secundario de Galicia. as outras dúas, non teñen un perfil concreto.

As tres persoas seleccionadas se integrarán na asociación (se é que non estaban xa integradas), realizando ademais un itinerario formativo específico para participantes no PCR, cunha parte presencial e outra parte en liña. A continuación, nalgún momento entre xuño e setembro, terá lugar a estancia en Honduras, coñecendo os proxectos nos que participamos, o traballo das organizacións hondureñas coas que colaboramos, e vivindo de primeira man esa realidade. A estancia, no caso da praza para docentes de secundaria, poderá durar entre 1,5 e tres meses. No caso das outras dúas prazas, durará entre 2 e 3 meses. Á volta farase unha devolución do aprendido.
Enxeñería Sen Fronteiras faise cargo da viaxe, seguro e aluguer da vivenda en terreo, así como posibles desprazementos ás activides se se programen. A cargo da persoa correrá a súa manutención e gastos correntes da vivenda (auga, luz, …), así como o restos dos gastos persoais que poida ter na estancia.

Se tes interese, ou sabes dalguén que o poida ter, aquí están as bases completas, con información sobre o contexto, os criterios de selección, o xeito de presentar candidatura e os prazos.

Data límite de presentación de candidatura, 22 de febreiro.

Despois de máis de 3 anos con ESFRadio, o noso podcast, queremos engadir agora un novo elemento comunicativo: os vídeos. Estreamos hoxe ESFTv, onde poderemos desfrutar de entrevistas a persoas da base social e tamén externas a ESF falando de temas do...

Despois de máis de 3 anos con ESFRadio, o noso podcast, queremos engadir agora un novo elemento comunicativo: os vídeos. Estreamos hoxe ESFTv, onde poderemos desfrutar de entrevistas a persoas da base social e tamén externas a ESF falando de temas dos que teñen moito que dicir.

Estreamos ESFTv entrevista a Carmen Troncoso, participante no Programa de Coñecemento da Realidade 2022 de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Este programa, que foi cofinanciado polas axuda IRPF e a Cooperación Galega da Xunta de Galicia, incluiu a selección, formación e estancia de 1,5 a 3 meses de 3 persoas en Honduras. Alí, coñeceron os proxectos que desenvolvemos coas organizacións locais e a realidade do país da man das persoas que a viven no día a día, e nola foron contando en distintas crónicas. É unha experiencia transformadora que tamén ten réplica cando as persoas regresan, participando en eventos internos e externos da asociación.

Produce: Jorge Lama
Asistentes de produción: Zoe Chaos, Marc Romero

Aquí está o programa!

Produce: Jorge Lama
Asistentes de produción: Zoe Chaos, Marc Romero