CONTIDOS VIDA ASOCIATIVA      En Galicia, as compañeiras Paola e Martina tiveron a ocasión de viaxar a Bruselas dentro do curso sobre Financiación Europea coa Fundación Galicia-Europa.      No programa de ESF na Universidade (ESFnaUni), en colaboraci...

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E proximamente …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA 

    En Galicia, as compañeiras Paola e Martina tiveron a ocasión de viaxar a Bruselas dentro do curso sobre Financiación Europea coa Fundación Galicia-Europa. 

    No programa de ESF na Universidade (ESFnaUni), en colaboración coa Rede Artigo9Tech, asistimos á presentación do “proyecto CADMIO“, da UDC, a USC, a Universidade do Minho e a UNAH, que estudará a contaminación da auga subterránea no sur de Honduras no contexto dos nosos proxectos. Tamén tivemos faladoiros en clases falando de ESF e dos seus ámbitos de traballo, como na Escola de Camiños da UDC e na ETSE de Compostela (dentro da serie de faladoiros na materia Aula Profesional). Na UDC, con motivo da semana da reparación, tivemos un repair café (encontro de reparación colectiva) en Camiños e no Campus Industrial de Ferrol

Dentro deste programa, tivemos a VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común, encontro anual da Rede Artigo9Tech, que tivo lugar na Escola de Telecomunicacións da UVigo, onde coñecemos varias experiencias das universidades nesta liña da cooperación e a tecnoloxía para os dereitos humanos. Colaboradoras da UDC participaron nun encontro na Coruña “Defendendo o dereito á auga no sur e no norte”. 

Ademais, persoas da base social da ESF que son da UVigo fixeron a Presentación da Guía de Autodefensa Dixital no centro social Faísca, en Vigo, grazas ao apoio das axudas de 0,7 do IRPF, da Xunta de Galicia.

    No programa de ESF no eido profesional e da economía social (ESFpro), participouse en varios encontros sobre economía social e traballo comunitario. Coidar da auga, facer comunidade en Pontevedra falando de xestión comunitaria de auga Honduras-Galicia, en Melide no encontro “A Economía Social e Solidaria emprende con C: Coñece, Conecta e Crea” presentando este mesmo programa. Tamén se avanzou na elaboración do mapa galego de iniciativas para a transición ecosocial, cunha primeira versión do visor web, e dous encontros presenciais para falar sobre boas prácticas comunitarias e exemplos delas (en Vigo e Santiago). Tamén houbo un repair café no CS Casco Vello de Vigo

    No programa Hackers Sen Fronteiras (HsF), de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario, houbo o encontro de peche desta fase, co profesorado  de secundaria colaborador, que veu até Santiago de Compostela.

    No programa Mulleres Bravas,  estase a realizar un proxecto de Aprendizaxe-Servizo coa UVigo, na Escola de Administración Pública de Pontevedra.

    En rede, participamos no encontro de reflexión conxunta sobre a situación actual da Educación para a Cidadanía Global (ECG). Colaborouse no Roteiro Feminista na Coruña co Colexio de Traballo Social, Ecos do Sur e o programa Galicia Abriga. Ademais, tivemos un encontro en liña con distintas asociacións da Federación ISF sobre Iniciativas de derecho a reparar, repair café y bancos de reciclaje.

    Ademais, tivemos tempo para a reflexión, con este artigo de preguntas sobre decrecemento.


HONDURAS

    Esta pasada fin de semana foron as eleccións en Honduras. Parece que voltaremos a un goberno reaccionario e, posiblemente, con retrocesos nos tímidos avances en dereitos humanos acadados no país na última lexislatura (se é que non con repunte da represión contra as organizacións da sociedade civil, como está a ocorrer noutros países da zona como Nicaragua ou El Salvador).

    No entanto, no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa do territorio, seguiu o traballo no programa de restauración do ecosistemas de lagoas de inverno. Fíxose  limpeza de canais e monitoreo de aves, así como un  curso de conservacion ecosistemas, outro sobre a correcta aplicación da cadea de frío e un encontro de xente nova. Tamén houbo unha visita institucional, da Corporación Municipal de El Triunfo.

No programa de apoio ao marisqueo artesanal, fíxose un encontro de  incidencia local e gobernanza comunitaria, así como unha xornada de traballo sobre liderado das mulleres marisqueiras e unha formación en caixas rurais.

O terceiro programa deste eixo de soberanía alimentaria é o de apoio a sistemas agrícolas resilientes, neste caso financiado por un programa da AECID. Dentro deste programa, tivo lugar unha formación de transformación alimentos 

    No eixo de traballo de dereito humano á auga estívose a pechar a documentación para xustificar as subvencións da fase recén rematada e preparando a seguinte, para obter financiamento en 2026.


MOZAMBIQUE

    Durante o mes de novembro tivo lugar unha visita técnica a Mozambique na que se traballou, fundamentalmente, coa Administración Regional de Aguas do Sul de Moçambique na mellora da xestión de inundacións. Incidiuse na revisión e análise da normativa relacionada con membros da equipa técnica e tamén coas xefaturas de departamento e do gabinete xurídico. 

    Entre o 3 e o 7 de novembro tivo lugar en Maputo a conferencia internacional REMCO. A REMCO -International River and Environment Cooperation- é unha iniciativa de cooperación entre Mozambique, África do Sur e Eswatini, enfocada na xestión integrada e sustentábel das bacías hidrográficas transfronterizas. Durante a REMCO, evento que reúne os principais actores dos recursos hídricos a nivel internacional, foron presentadas por parte da ARA Sul dúas ponencias de traballos realizados no ámbito do proxecto: unha centrada na análise comparativa entre as precipitacións estimadas por satélite e as das estacións pluviométricas e outra sobre a monitoria en tempo real da chuvia con datos de satélite.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes toca cine, a película Ciudad sin sueño, ambientada na Cañada Real.


E PROXIMAMENTE …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:

  • 2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…)
  • 3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
  • 3 de decembro: Día Internacional non uso de plaguicidas
  • 5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
  • 5 de decembro: Día Mundial do Solo
  • 6 de decembro: Repair Café en O Covelo (pavillón de deportes, toda a mañá).
  • 9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
  • 9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
  • 9 de decembro: Día Internacional da Informática
  • 9 de decembro: pecha o prazo para presentar propostas ao I Concurso de iniciativas de tecnoloxía para o ben común no eido profesional e da economía social
  • 10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos
  • 12 de decembro: II Congreso Galicia é Economía Social e Solidaria
  • 17 de decembro: almorzo de Nadal na oficina de ESF da Escola de Camiños na Coruña, a partir das 11:30h
  • 18 de decembro: Día Internacional da Persoa Migrante
  • 19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
  • 19 de decembro: pecha o prazo para matricularse no curso de Facilitación de Grupos, de Amigas da Terra e Suburbia
  • 20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
  • 23 de decembro: 11h. Encontro de nadal de ESF en Santiago de Compostela. 11 a 13h no CSC Fontiñas de Santiago de Compostela e ás 14h, comida de confraternización

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

«A mi mamá no la estamos enterrando. La estamos sembrando». 

As fillas de Berta Cáceres o día que a despediron

O noso compañeiro Abel recomenda un interesante artigo de Timothee Parrique en defensa do decrecemento e postcrecemento con recomendacións e enlaces interesantes. Os argumentos son interesantes pero quedan sempre as mesmas preguntas sen responder, os...

O noso compañeiro Abel recomenda un interesante artigo de Timothee Parrique en defensa do decrecemento e postcrecemento con recomendacións e enlaces interesantes. Os argumentos son interesantes pero quedan sempre as mesmas preguntas sen responder, os puntos cegos do decrecemento, que el trata de comentar nesta entradiña.

———————————————————————————-

A raíz deste interesante texto no que se defende o decrecemento fronte a algúns postulados contrarios xúrdenme algunhas preguntas sen resposta dende o meu entendemento persoal (e parcial) do Decrecemento (as deixamos clasificadas según temáticas):

O TEMPO

  • Canto tempo temos antes de que toda medida proposta faga inviable a súa adopción en termos de reversión ecolóxica das dinámicas actuais?
  • Canto tempo é preciso para implementar todas as medidas decrecentistas necesarias para chegar a equilibrios ecolóxicos (e socioeconómicos)?
  • Canto tempo é preciso para que se perciba o deterioro do estado de “benestar” nas economías occidentais para que se plantexe a necesidade real de buscar sociedades alternativas e solucións ós problemas sistémicos?
  • Será posible plantexar as medidas decrecentistas actuais dentro duns anos ou éstas xa terían que ser moito máis “radicais e extremas” (dende a perspectiva actual) para compensar os anos perdidos nos que a situación actual empeorará drásticamente?

ACEPTACIÓN SOCIAL

  • É posible adoptalas por aceptación popular nas sociedades actuais? En qué países sería posible e en cales non?
  • É posible adoptalas sen autoritarismos? Qué grado de autoritarismo sería preciso empregar nese momento? Quén o exercería? Qué grados de democracia, liberdades, dereitos, xustiza etc habería neses estados para garantir as medidas urxentes decrecentistas?
  • As élites aceptarán esas medidas? En caso contrario cales serían as accións oportunas de actuación
  • Haberá países que adopten o groso de medidas decrecentistas mentras outros non o fagan? Ou será preciso de acordos parciais ou globais para un desescalado conxunto? Canto tempo levaría chegar a eses acordos? Sería xa moi tarde?

OS RECURSOS

  • En caso de que algún país se lance exemplarmente ó camiño do decrecemento (de xeito profundo e necesario, non só de xeito formal e superficial), cómo obterá os recursos que precisa para a transición se iso implica perda de competitividade co restos de economías crecentistas?

A POBOACIÓN

  • Son posibles economías decrecentistas sen un control no crecemento demográfico?
  • Cómo se controlarían os movementos migratorios ou é posible aplicar esas medidas decrecentistas nos países e seguir “atraendo” migrantes doutras partes do mundo máis desfavorecidas (nos tempos do post e neocolonialismo)?

O MILITAR

  • Esas medidas decrecentistas implicarían recortes profundos ou eliminación dos exércitos estatais? Cómo se garantizaría a protección dos países que decrezan tamén no militar fronte a aqueles que non decrecen no económico nin no militar?

CAMBIOS PRODUCTIVOS

  • O decrecemento implicaría unha relocalización socioeconómica en función dos recursos dispoñibles e a tendencia sería hacia unha primarización da economía. Cómo se levaría a cabo esa descomplexización das economías e en qué grado a sociedade aceptaría unha regularización, un abandono progresivo das cidades e unha aposta polo sector primario coma motor económico e coma principal motor laboral?
  • De qué xeito e en qué fases se rexenerarían os campos afectados de tanto “maltrato” agroindustrial pasado e presente? Canto tempo sería preciso para a reconversión do sistema agroindustrial? Qué modelos intermedios se poden plantexar e cales serían as fases? _De qué xeito se preservarían as zonas naturais silvestres fronte a unha sociedade con necesidades enerxéticas e materiais pero que reduce drásticamente o consumo enerxético e material (fundalmnetalmente nos productos dependentes dos combustibles fósiles: plásticos, formigóns, metalurxia etc)? É posible unha sociedade decrecentista en sociedades capitalistas? Cómo sería o modelo/s modelos propostos alternativos? Tempos e fases para a transición

A POLÍTICA E OS ACORDOS

  • COmo se plantexarían os acordos locais, rexionais, estatais e internacionais a todolos niveis (poboación, empresa, institucional, gubernamental, intergubernamental) para ter unha axenda decrecentista global ou adaptada e consensuada según os contextos? Será posible que se adopten as medidas decrecentistas precisas sen acordos globais?
  • _Se o decrecemento como medida política para un cambio de paradigma socioeconómico se plantexa coma única vía para solucionar os problemas e dinámicas actuais, pero non é capaz de responder as preguntas anteriores (e moitas máis que quedan sen formular), de qué xeito se validaría a adopción desas medidas (que provocarían unha profunda transformación socioeconómica) sen garantías dunha aplicación oportuna?
  • Esa concepción de que o decrecemento é a única (ou a mellor) opción política e socioeconómica a nivel global, podería ser unha limitación en sí mesmo porque concentraría todas as resistencias da estructura social, económica, empresarial e institucional que se opoñen a un cambio real do BAU?

Hai moitas máis cuestións que se quedan sen plantexar. Só son algunhas preguntas en torno á transformación socioeconómica e nun contexto occidental, que sen dúbida habería que ampliar a outros contextos particulares a nivel global, no que plantexar a distribución dos recursos globais, ou cómo se poden desenvolver outros territorios máis necesitados nun contexto global de decrecemento, e por suposto toda a parte ambiental e a superación dos límites planetarios

Con todos os interrogantes anteriores, plantexo se o decrecemento (postcrecemento ou outros neoloxismos ou correntes posibles) ten viabilidade a nivel global ou ten máis percorrido coma espertador de conciencias ante a inviabilidade dun crecemento infinito e ante o deterioro ambiental do planeta. Xa só con iso sería algo moi positivo pero normalmente as valoracións finais (e moitas veces a viabilidade de postulados ideolóxicos) se miden pola escala dos obxetivos da proposta. Tamén me xurde a dúbida se a necesidade de dar resposta a escala global dende o decrecemento ven condicionada polas urxencias actuais a esa escala, pero se no fondo se xeralizan e globalizan medidas que teñen funcionalidade a pequena- mediana escala (e a nivel rexional) pero son inviables co grado de hipercomplexidade global.


A resposta máis oportuna sería pensar que se plantexan medidas e actuacións a distintas escalas, dende o máis local ata o máis global pero iso non elimina a necesidade de seguir respondendo todalas cuestións anteriores que dende o meu punto de vista son grandes incógnitas. Tamén me pregunto se son preguntas sen resposta dada a complexidade sistémica das sociedades actuais e a complexidade dos retos actuais.


Pensar que a suma aleatoria e orgánica de iniciativas e pequenos cambios pode ser o gran transformador a nivel global creo que funciona dende unha actitude de aceptación da realidade e non tanto cando se está aferrado á obtención dun obxetivo. Neste último caso e máis alá de moi bos resultados de implementación local ou rexional, creo que unha parte da sociedade esixirá validación a unha escala superior para poder levar a cabo unha reestructuración profunda.


O outro día escoitei que o decrecemento estaba de moda 😳. Iso pode ter moitas interpretacións pero, na parte negativa, creo que pode levar a transformar, edulcorar e descontextualizar o decrecemento e os procesos de valor na transformación das dinámicas socioeconómicas actuais (transformación real nas pequenas e medianas escalas, e a nivel teórico en escalas grandes e global). As miñas dúbidas a escala grande e global veñen a colación de todas as preguntas anteriores nas que non atopo resposta definida. E me plantexo se as respostas están pendentes de elaboración ou se a esa escala podería ser pernicioso o plantexamento decrecentista “intencionado” (na medida que imposibilitaría outros camiños ou visións posibles).

Que outras medidas ou propostas pensades que poderían aparecer a esta escala ou incluso se podería ser aceptable un non intervencionismo? Ocórrensevos máis preguntas?