No mes de maio tivo lugar unha visita técnica a Mozambique na que se traballou coa Administración Rexional de Augas do Sur (ARA Sul) de Mozambique nas súas oficinas de Maputo. O traballo estivo relacionado coas inundacións pero, nesta ocasión, focali...
No mes de maio tivo lugar unha visita técnica a Mozambique na que se traballou coa Administración Rexional de Augas do Sur (ARA Sul) de Mozambique nas súas oficinas de Maputo.
O traballo estivo relacionado coas inundacións pero, nesta ocasión, focalizouse principalmente na planificación e na xestión.
Foron desenvolvidas diferentes sesións e talleres técnicos nas que se analizou a situación da ARA Sul nese ámbito das inundacións e se debateu con exemplos sobre as bondades e oportunidades de desenvolver o marco legal relacionado con ese tipo de evento hídrico extremo, que vén gañando relevancia nos últimos anos no país. O traballo foi realizado fundamentalmente coa xefa e o coordinador do departamento de recursos hídricos e tamén houbo sesións de traballo nas que se involucrou a toda o persoal do departamento.
Durante a visita, e o longo do mes, tamén se atenderon cuestións relacionadas co estudo das inundacións e o traballo continuado de monitoreo da seca e dos embalses.
A mediados de xuño terá lugar unha visita a Galicia de representantes da ARA Centro,co obxectivo de que poidan coñecer in situ o traballo que se realiza en Galicia en relacións as inundacións, aproveitando esta viaxe tamén para coordinalo.
O pasado xoves 15 de maio, Casa RIA acolleu en Santiago de Compostela a presentación de UpMeUp 2.0, o portal de emprego da economía social e solidaria, nun evento co-organizado con EspazoCoop e que reuniu a persoas e entidades referentes do cooperati...
O pasado xoves 15 de maio, Casa RIA acolleu en Santiago de Compostela a presentación de UpMeUp 2.0, o portal de emprego da economía social e solidaria, nun evento co-organizado con EspazoCoop e que reuniu a persoas e entidades referentes do cooperativismo, o mundo tecnolóxico e os movementos sociais galegos.
A mesa redonda puxo o foco nos desafíos e oportunidades que afronta a mocidade para acceder a empregos dignos e con valores, así como na capacidade da ESS para atraer e acompañar ás novas xeracións. Compartimos unhas notas de cada intervención:
EspazoCoop destacou a importancia de fortalecer o vínculo entre mocidade e economía social, apostando por programas de emprendemento xuvenil e acompañamento para facilitar a incorporación de persoas novas ao sector cooperativo.
Moira S. Coop. Galega achegou a visión dunha cooperativa xuvenil, relatando os retos e aprendizaxes da xestión colectiva, a creatividade e a innovación, e o valor da horizontalidade e o apoio mutuo.
Numax S. Coop. Galega explicou como, tras dez anos de traxectoria, afrontan o proceso de atraer e incorporar novos perfís, e as necesidades detectadas para garantir o relevo xeracional e a continuidade do proxecto.
CDR Portas Abertas puxo en valor o traballo comunitario no rural, subliñando o papel da ESS para crear emprego inclusivo e fortalecer a cohesión social en territorios con risco de despoboamento.
Na intervención de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, puxemos sobre a mesa unha reflexión clave que cada vez soa con máis forza entre a mocidade: queremos “máis tempo para vivir”. Apostamos por traballar para vivir, e non vivir para traballar, algo que pode chocar co pensamento de xeracións anteriores, criadas nun contexto social moi distinto ao actual. Hoxe, partimos doutras necesidades e prioridades, e é importante que todas as xeracións nos escoitemos e comprendamos.
Detectamos necesidades moi variadas, pero cun fío común: poñer os coidados no centro. Isto implica ir máis aló dunhas condicións laborais dignas (salario, estabilidade, conciliación, respecto dos dereitos laborais), que xa de por si é un reto enorme, como pode ser:
Coidar a quen nos coida: visibilizar e acoller ao persoal de limpeza, xeralmente mulleres, e ter en conta as súas condicións e necesidades dentro dos espazos de traballo.
Revisar o propio espazo laboral: está libre de tóxicos? Usamos produtos ecolóxicos? Hai luz natural e acceso a auga de calidade?
Contar cun protocolo de prevención de violencias ou acoso laboral, revisado periodicamente, e garantir que a rede de relacións sexa segura.
Fomentar a participación real na toma de decisións, con rotación de roles e canles diversas de comunicación, así como integrar o coidado físico e permitirnos estar de pé, sentadas, camiñando.
Garantir espazos de descanso e actividades de cohesión accesibles para todas, preguntándonos quen queda fóra e por que.
A xornada foi tamén unha oportunidade para presentar UpMeUp 2.0, unha ferramenta de software libre e sen ánimo de lucro que conecta a mocidade con ofertas laborais aliñadas cos valores da economía social, a sustentabilidade e a xustiza social.
Dende aquí agradecemos o convite a este espazo tan coidado, e animamos á mocidade a explorar as oportunidades que ofrece a economía social e solidaria para construír un futuro laboral máis xusto, feminista e sostible.