Dende o noso grupo de Asesoras Ambientais a plataformas de defensa da terra, estiveron traballando na elaboración duns mapas de afectación da ampliación da autovía A52 que vén dende Ourense a Vigo. Desdrobarían a A55 (que sube dende a fronteiras con...

Dende o noso grupo de Asesoras Ambientais a plataformas de defensa da terra, estiveron traballando na elaboración duns mapas de afectación da ampliación da autovía A52 que vén dende Ourense a Vigo.

Desdrobarían a A55 (que sube dende a fronteiras con Portugal, en paralelo á A9), pero ter dous vías con mesma saída e chegada vai producir embotellamento en Vigo, saturar o tráfico interno, e máis co efecto chamada que teñen, atravesando ademais as zonas de Bembrive e Beade, con moita afectación.

Aquí se poden descargar dous documentos:

A continuación pódese acceder ao

VISOR CARTOGRÁFICO

A alternativa podería ser liberar a AP9, tramo Porriño, pois é a entrada suroeste da cidade, que está infrautilizada ao ser de pago e ter alternativas de balde, e conectaría a parte industrial da cidade con outro polo industrial, as Gándaras e con Portugal.

Plataformas locais (como Bembrive en Pé ou AutoviaA52Non) que se opoñen a esta infraestrutura, levan tempo divulgando os problemas e as alternativas, e esperamos que lles sexa de utilidade esta ferramenta visual para que as persoas sexan conscientes de onde e como lles pode afectar.

Non lonxe de alí está a plataforma contra a A57, que vén a ser un desdobramento tamén da A9, pero a partir do norte da ría de Vigo cara Pontevedra (e que en realidade é unha infraestrutura manifestamente redundante).

Con este grupo queremos tratar de que a enxeñería se poña ao servizo dos grupos máis vulnerabilizados e invisibilizados do noso entorno.

Este mes celebramos o terceiro dos encontros deste grupo de rapazas asombrosas. Asistiron 24 alumnas de 2º e 3º dos IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) e IES Celso Emilio Ferreiro (Celanova). Desta vez aconteceu en Compostela, na Escola Técnica S...

Este mes celebramos o terceiro dos encontros deste grupo de rapazas asombrosas. Asistiron 24 alumnas de 2º e 3º dos IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) e IES Celso Emilio Ferreiro (Celanova).

Desta vez aconteceu en Compostela, na Escola Técnica Superior de Enxeñería. Agradecemos á Escola ser casa e á directora polas verbas de benvida e apertura do espazo.

Nesta xornada contamos unha vez máis con Andrea de Rexenerando, quen facilitou o espazo da mañá na que as rapazas puideron adicar tempo a explorar, individual e grupalmente, a relación cos móbiles e as redes sociais. O tema foi moi ben recibido.

Abrimos o marco dende o que sabemos: as RRSS máis empregadas son adictivas e propician unha serie de conductas porque beneficia os intereses políticos e económicos das empresas ás que pertencen. Canto máis tempo pases co móbil máis datos xeras (tanto o que publicas como o que ves e reaccionas), ves anuncios, usas IA, e todo isto é beneficioso para alguén. Falamos tamén de que hoxe en día é moi difícil saber o que é certo ou non no mundo dixital. Podes estar metida nunha burbulla onde a maioría dos contidos son machistas, de ideoloxías non afíns a ti, que mostran “a vida e corpos que todxs debemos perseguir”… e nesa burbulla sínteste a rara por non pensar como parece que todo o mundo pensa. Está creado así e é moi importante telo en conta cando entramos no mundo dixital.

Durante a mañá, foron indagando sobre o que lles aporta e o que lles quita o móbil, compartindo coas compañeiras e regueifando ao final. O certo é que saíron un montón de cousas. Falaron da raiba que lles produce quedar coas amigas ou a familia e ver ás persoas coa luz azul na cara en vez de ter boas conversas; tamén do fácil que se xeran conflictos por malinterpretación do que se escribe por chat (non é o mesmo “ola” que “olaaa”); apareceu tamén o rexeitamento dunha mesma a verse no espello por non sentirse encaixar no “corpo modelo” e a sensación de non saber que crer ou non do que se le na Internet. Aprendimos moito todas de todas.

Logo do xantar, Laura e Martina, da base social de ESF, colleron o relevo de Andrea e dinamizaron A Feira da Ideas!. Nesta actividade as rapazas idearon os seus propios proxectos dende os que afrontar algunha das inxustizas sociais que están a ocorrer. Tiveron oportunidade de amosar as súas propostas ás compañeiras, para logo formarse grupos coas ideas que máis gustaron e traballar no plan para levalas a cabo. Xorderon pois 4 grupos. Quedamos desexosas de ver ata onde camiñarán os seus proxectos no 2026. Xa vos contaremos!