Non rematar este 2024 sen celebrar o XX aniversario deste programa, un dos estandartes de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Neste tempo consegueuse que case 70 persoas foran moito máis conscientes do mundo global no que vivimos con unha experiencia m...

Non rematar este 2024 sen celebrar o XX aniversario deste programa, un dos estandartes de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Neste tempo consegueuse que case 70 persoas foran moito máis conscientes do mundo global no que vivimos con unha experiencia moi persoal e directa, e moitas máis poideron indirectamente a través das nosas “PCR” coñecer esas outras realidades.

O acrónimo do programa, PCR, é xa ben coñecido no eido da cooperación galega (e nin a súa coincidencia coa proba da COVID fixo que nos plantexaremos cambialo, bueno, un pouco si 😜).

E que mellor xeito de celebrar este aniversario que unha quedada onde moitas das participantes no programa lembraron algunha das súas experiencias, así como algunha palabriña que se lles quedou do país onde estiveron.

Recollimos isto nun programa de ESFRadio que temos o inmenso pracer de deixarvos aquí. Seguro que vos vai encantar!!

Música: “Kalimba Relaxation Music” Kevin MacLeod (incompetech.com)
Licensed under Creative Commons: By Attribution 4.0 License
http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/

Produce: Jorge Lama

Participan: Celia, Cris, Martina, Sandra, Álvaro, Maruxa, Raquel, Eva, Xoel, Almudena, Raquel, Roberto e, como moderador, Sergio.

A fenda de xénero no eido tecnolóxico é unha realidade que comeza xa a percibirse no ensino secundario (por non dicir antes), e en ESF cremos que presenza da muller en todos os ámbitos é clave para unha cidadanía xusta. Por elo, durante esta fase 2 d...

A fenda de xénero no eido tecnolóxico é unha realidade que comeza xa a percibirse no ensino secundario (por non dicir antes), e en ESF cremos que presenza da muller en todos os ámbitos é clave para unha cidadanía xusta. Por elo, durante esta fase 2 do programa Hackers Sen Fronteiras apostamos por realizar tres encontros ao longo do curso, onde alumnas da ESO con interese polo mundo tecnolóxico teñan espazo para crear sinerxias e sentido de comunidade.

Neste primeiro encontro xuntáronse 12 alumnas de 2º da ESO dos centros IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) e IES Celanova. Durante a mañá ocupamos un espazo no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), na Universidade da Coruña, onde realizamos a actividade clave da xornada, facilitada por Andrea de Rexenerando.

Andrea creou a atmosfera onde, tras facer un xogo de presentación, as mestras de tecnoloxía e matemáticas que acompañaban ás súas alumnas compartiron con elas o que as moveu a escoller esos campos, que as inspira, quenes foron ou son as súas referentes e por que cren que o mundo precisa de máis mulleres tecnólogas. Tras iso, tocoulle o turno ás rapazas de coller lápices e cores para tratar de plasmar no papel as súas reflexióńs sobre a tecnoloxía e sí mesmas. Que lles chama a atención agora; como se ven con 40 anos tras conseguir o que soñan; que barreiras e dificultades atoparon polo camiño… Á verdade é que sairon sensacións ben bonitas deste espazo de introspección persoal.

Logo do xantar, puidemos recorrer distintos laboratorios do CITEEC, e quedamos todas abraiadas co simulador de choiva e de oleaxe que teñen!