Sandra, xunto con Martina, son as dúas participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2024 que xa están en Honduras. En breve, uniráselles Víctor. Sandra participa no PCR grazas ao programa de Mulleres...

Sandra, xunto con Martina, son as dúas participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2024 que xa están en Honduras. En breve, uniráselles Víctor. Sandra participa no PCR grazas ao programa de Mulleres Bravas, de intercambio entre activistas de Honduras e Galicia, neste caso coa financiación da bolsa PCR da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. Aquí deixamos a súa primeira crónica tras un par de semanas por alí!

——————————————————————————————

Boaaasss!
Xa levamos unhas semaniñas en Honduras, tras un longo viaxe e unha adaptación agridulce,
marcada pola cultura do piropo (como ben di Martina), que tanto impactounos á nosa
chegada….Xa superamos a nosa semanaversario aquí. E como non, o celebramos comendo
uns xeadiños de Sarita, a mellor xeadería de San Lorenzo (e a única que probamos).


O luns fumos a CODEFFAGOLF a presentarnos e a coñecer ao equipo, quedamos con moitas
ganas de facer cousiñas con eles, e estamos desexando que chegue a próxima semana para
que así sexa.

O mércores tivemos o pracer de ir a Sartenejal para coñecer o depósito de auga do seu novo sistema de abastecemento. Alí coñecimos a Doña Jacoba, a presidenta da comunidade, quen estivo explicandonos o longo camiño de loitas e resistencias que recorreron durante 25 anos, ata conseguir este sistema de abastecemento.


O xoves estivemos de novo en Sartenejal. Co convite de Alondra (técnica de la Mancomunidad NASMAR) e da comunidade, participamos no obradoiro de xénero (ver foto de portada). Nel trataronse os roles e estereotipos de xénero na cotideanidade, así como sobre a consecución de dereitos humanos. Foi un espazo fermoso, no que pintamos, xogamos e sobretodo rimos. Pereceume moi interesante escoitar ás mulleres da comunidade falar sobre como no seu día a día rompen coas barreiras e estigmas patriarcais, e escoitalas definirse como: loitadoras.


Con esa adrenalina comezou a nosa finde, que dende logo, xa tiña grandes expectativas de antemán. O sábado pola mañá fumos ao Parque Nacional de La Tigra en Tegucigalpa, fixemos durante unhas tres horiñas a ruta. Tivemos unha gran acompañante incondicional, a chuvia!! Pero como boas galegas que fomos, iso non fixo que disfrutaramos menos de aquel bosque tan fermosooo.


O domingo, con resaquita (que recuperamos cuns pouquiños frijoles) puxemos rumbo a Cantarrana e Valle de Ángeles. Foi incríble coñecer a súa arte urbana, a maioria das pinturas tiñan mensaxes reivindicativos e de loita social, encantoume ver como facían artivismo nas sús rúas es espazos cotiás….Sen embargo, aínda que esos espazos deixaronme atrapada tiñamos que volver a San Lorenzo, esperabanos unha semana chea de cousiñas novas por
descubrir.

O luns, para empezar a semaniña con enerxía reunímonos con Alondra para planificar o obradoiro do xoves, na comunidade, que xiraría en torno ao consentimento e o desexo nas relacións afectivas.


Pola súa parte, este martes fumos ao primeira saída a campo con CODEFFAGOLF. Acudimos á recollida de trampas colocadas na Microcuenca del Río Laure, para a realización dun monitoreo da fauna silvestre que posibilite o seu estudio e conservación. Aínda que as famosaas trampas, tiñan moita trampa, xa que non dimos sacado dúas de elas, e sen darnos conta estivemos case 4 horiñas de rutiña por Laure. Despois de esta experiencia, creo que tanto Martina coma eu, podemos decir que rematamos con todo tipo de fobias e medos ao insectos e calquera tipo de animal, xa sexan arañas, culebras ou mosquitoss. Estos últimos, especialmente, gran debilidad de Martina, quen desenvolveu un superpoder visual de detección de mosquitos. Agora ela é: Supermosqui 🙂

A verdade que esta experiencia está sendo moi chuli, e aínda que encantame probar e aprender cousas novas as veces unha sinte algo de vértigo, pero a compañía neste novo camiño fai que todo sexa mellor. Desexando coñecer todo o que me espera, seguir coñecendo rincóns, persoas e diferentes formas de vivenciar este mundo. Sintome moi agradecida, de cada persoa, comunidade e entidade que nos abriu as portas para coñecelas. Grazas por permitirnos sentir os distintos mundos que hai dentro deste mundo, e as diferentes historias que o habitan. Irei informando, un abrazo moi forte para todas.

Sandra

Xa chegaron a Honduras Martina e Sandra, as dúas primeiras participantes do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR). Irannos contando as súas experiencias en pequenas crónicas. Aquí deixamos a primeira de M...

Xa chegaron a Honduras Martina e Sandra, as dúas primeiras participantes do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR). Irannos contando as súas experiencias en pequenas crónicas. Aquí deixamos a primeira de Martina, que viaxa co noso programa de Tecnoloxía para o Ben Común na Universidade, e co apoio dunha bolsa da Universidade de Vigo de mobilidade para estudantes para participar en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento no curso 2023/2024.

———————————————————————–
Xa estamos en Honduras!!

Despois de meses de preparativos e formacións nos que víamos super lonxe a viaxe, como se nunca fose acontecer, de súpeto chegou o día, agarramos as maletas e alá nos fomos.

Chegamos o xoves 3 de xullo a Comayagua, onde Sandra, técnica de proxecto de ESF en Honduras xa nos estaba esperando. Fixemos noite alí e ao día seguinte puxémonos camiño a San Lorenzo, municipio do sur de Honduras dentro do Golfo de Fonseca, lugar que será o noso fogar nos vindeiros meses.

Estes primeiros días foron canto menos intensos. Polo de agora estou levando ben a calor húmeda deste clima tropical seco, bebendo moita auga, comendo moita froita, ben de crema de sol e gorra, e escapándolle ao sol na calle así que vemos algunha zona de sombra. E polo de agora non tiven moito problema cos zancudos, como lle chaman aquí aos mosquitos, pero o dito, levamos pouquiños días e seguro que nas saídas a campo vai cambiar o conto. Vivimos tamén a primeira tormenta tropical onte a tarde, onde parecía que ía caer o ceo de tanto chover e os tronos metíanselle a un no corpo, pero así como chegou marchou. Faime moita gracia que chova todos os días á mesma hora, está xenial para facer a colada jejeje

Despois duns días aclimatándonos a este novo lugar xa probamos as famosas baleadas, tan recomendadas polas PCR do ano pasado (moitas gracias Celia e Sofía!) que son tortillas de millo nas que extenden unha capa frijoles machacados e sobre ela poñen o que queiras, no noso caso sendo vexetarianas levaban plátano frito e queixos, pero habémolas probar tamén con aguacate e ovo revolto, que cos nervios das primeiras interaccións non nos decatamos de todo canto había para poñerlle.

Quizáis o que máis nos chocou a ámbalas dúas foi a cultura do piropo. Os primeiros días de paseo polas rúas foron duros, voltabamos bastante tensas ao apartamento. Está moi normalizado que os homes solten piropos de todo tipo, e ata pitidos dende coches e motos, e pese a que as rapazas e mulleres catrachas (hondureñas) coas que o comentamos dixéronnos que é o normal, creo que é algo ao que nunca nos habituaremos.

O luns presentámonos a CODDEFFAGOLF, unha das copartes coa que ESF traballa en Honduras e con quenes faremos a maioría das actividades. Paréceme incrible coñecer á xente que está detrás dos proxectos que ata agora lía no Boletín Esfeiro.

O mércores fixemos a primeira incursión a terreo, visitando a comunidade de Sartenejal para ver os avances na obra do tanque de auga (na foto de portada vese a zona do tanque e por onde baixarán tubaxes) e coñecer parte do persoal técnico de NASMAR (outra das copartes) que estaba realizando formación en estación total na zona. Con este aparello miden ángulos, distancias e coordenadas e con el crean os mapas que logo se empregarán no deseño da colocación das vías que levarán a auga dende o tanque ata as vivendas. Tamén tivemos a sorte de coñecer a doña Jacoba, a presidenta da xunta de auga de Sartenejal. Ela contounos o traballo que foi sacar adiante este proxecto de auga, pois xa levan nas costas uns vinte anos de esforzos buscando financiamento da municipalidade, na que os fondos anuais que teñen para invertir nestos temas son moi reducidos, e de concienciación na veciñanza sobre a importancia de poñerse de acordo para loitar xuntxs para ter máis voz. Ata o de agora abastécense de auga mercada que lles consume prácticamente a metade dos seus ingresos mensuais e tamén de auga de pozos artesanais, que teñen pouca profundidade e polo clima desta zona están secos uns seis meses ao ano. Unha situación insostible. Contounos que sobre o 2017 conseguiron reunir fondos para furar un pozo, pero ao non ter a infraestructura de bombeo, almacenamento e distribución, que precisaba unha maior inversión, tiveron que sellar o pozo. Nos últimos anos coñeceron a NASMAR que, co apoio de ESF e o financiamento de AECID, comezou este proxecto para crear un tanque de auga no que almacenar a auga extraída por bombeo do pozo e que por gravedade leve auga a cada vivenda.

Ata a seguinte crónica!