Nas últimas semanas tivemos a boa nova de dous novos Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre en Galicia, a raíz do apoio de Enxeñería Sen Fronteiras. Un deles, dentro do noso programa de ESF na Universidade, impulsado no campus de Ferrol c...

Nas últimas semanas tivemos a boa nova de dous novos Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre en Galicia, a raíz do apoio de Enxeñería Sen Fronteiras.

Un deles, dentro do noso programa de ESF na Universidade, impulsado no campus de Ferrol co apoio de profesorado e da Oficina de Cooperación e Voluntariado. Pódese atopar no Edificio de Apoio ao Estudo (ver foto). Avenida de Vigo s/n. Campus de Esteiro. 15403. Ferrol, e o contacto de correo-e para doar equipos, ofrecerse a colaborar ou calquera outra xestión: bancoreciclaxeferrol(arroba)galicia.isf.es. Xa aparece como parte da Rede de Bancos de Galicia.

O outro ten unha característica máis especial, xa que se trata dunha iniciativa didáctica dun Banco de Reciclaxe Escolar no IES Primeiro de Marzo de Baiona, que impulsouse dentro da Fase 1 do programa Hackers Sen Fronteiras, de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario. Esta iniciativa foi a gañadora do I concurso de propostas de tecnoloxía para o ben común en secundaria, e xa se empezou a levar a cabo. Contan mesmo cunha páxina web!

Os Bancos de Reciclaxe pretenden ser, ademais dunha iniciativa colectiva de reapropiación tecnolóxica, un xeito de acercar o académico á súa contorna social, sendo conscientes de problemáticas como a fenda dixital (que se puxo aínda máis de manifesto na pandemia), o problema do lixo de electrónico e, tamén, queremos que sexan puntos de xeneración de debate sobre Electrónica Ética.

Aquí podes ver o Boletín Sonoro, resumo deste BOE en formato podcast. CONTIDOS VIDA ASOCIATIVA En maio tivemos estrea da nosa nova exposición Coñeces o teu móbil?, que pretende sensibilizar sobre os materiais empregados para fabricar teléfonos móbile...

Aquí podes ver o Boletín Sonoro, resumo deste BOE en formato podcast.

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

En maio tivemos estrea da nosa nova exposición Coñeces o teu móbil?, que pretende sensibilizar sobre os materiais empregados para fabricar teléfonos móbiles, a súa procedencia, e a necesidade de reducir o hiperconsumo electrónico. Tres persoas de ESF participaron no ESLibre (congreso de cultura e tecnoloxía libres) e nos deixaron unha pequena crónica. Hackers Sen Fronteiras pasaron polo IES de Brión cun obradoiro de cacharreo electrónico. Estivemos falando de Tecnoloxías Conviviais e para o ben común dentro da Primavera para o Decrecemento de Pontevedra.

Continuou a formación das 3 participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, cun encontro en liña para falar de diversos aspectos de Honduras, especialmente nos relativos a seguridade e saude.

Tivemos o 1º Ciberfaladoiro Feminista de ESF, falando de Teoría feminista. Esperamos deixar pronto unha crónica por se non puideches estar!

Participamos na campaña en liña a prol das Comunidades Enerxéticas, para recoller sinaturas para que o goberno do Estado Español ás potencie. Tamén estivemos na manifestación en Palas de Rei contra a instalación da fábrica de celulosa da empresa ALTRI, e aquí deixamos as razóns polas que nos opoñemos. 


HONDURAS

En Honduras maio foi un mes de actividade intensa.

No programa de promoción do dereito á auga:

No programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio, presentouse aos directores dos centros educativos das comunidades costeras do municipio de El Triunfo o Programa de educación ambiental que se estará desenvolvendo nestes centros educativos. Ademais, inaugurouse a aula de innovación e creatividade para estudiantes do Instituto Felipe Agustino, municipio de San Lorenzo.

Durante o mes de maio e xuño se están preparando dúas propostas de proxectos, unha no programa de dereito á auga e outra no de soberanía alimentaria, para conseguir financiación da Cooperación Galega da Xunta. A ver se hai sorte!


MOZAMBIQUE

No programa de Mozambique, tivemos a boa nova da autorización da sinatura do convenio coa Xunta de Galicia para levar a cabo a quinta fase do programa AquaMoz. En concreto, destíñanse 332.500 euros para levar a cabo a iniciativa até 2026, o cal é moi bo, xa que pasamos de convenios anuais a este trianual, que implica máis continuidade e facilita a xestión. Ademais, continua o traballo coas tres Administracións Regionais da Auga (ARA) do país, empezando a entrar na xestión de inundacións, que será a vindeira liña de traballo, tras varios anos centrándose en secas.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes vimos co noveno arte, o cómic. El cielo en la cabeza, de Antonio Altarriba, Sergio García e Lola Moral, fálanos da historia dun rapaz congoleño chamado Nivek e da súa odisea.


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

“A tecnoloxía non está libre de humanos”. 

Luz Castro en xornada hackivismo feminista Uvigo