Queremos presentar a nova web do programa Mulleres Bravas, un programa que vimos desenvolvendo coa financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Alí por 2019 houbo un primeiro proxecto, Coidadoras da Terra, que foi o xermolo, no que 6 mulle...

Queremos presentar a nova web do programa Mulleres Bravas, un programa que vimos desenvolvendo coa financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Alí por 2019 houbo un primeiro proxecto, Coidadoras da Terra, que foi o xermolo, no que 6 mulleres activistas de Honduras visitaron Galicia para traernos as súas historias de loita pola defensa do territorio, e doutro xeito de producir e de coidarse.

Xa en 2021, en colaboración con Amigas da Terra, e coas compañeiras de CODDEFFAGOLF e ADEPES en Honduras, tivemos a primeira fase “oficial” deste programa.

En 2023 comezamos a segunda fase, na que quixemos xa dotar ao programa dunha marca propia e afondar na importancia da rede e a acción comunitaria nas mulleres bravas. A isto axudounos AGARESO, que nos orientou tanto na nova imaxe do proxecto, como na nova web que agora presentamos.

Nesta nova web do proxecto atoparedes:
🟢Un repaso polo traballo realizado no 2021-2022
🟢Unha presentación das mulleres bravas participantes na primeira edición
🟢Libre acceso a tódolos recursos xerados ata o momento
🟢🔜Moi pronto, máis novidades e toda a programación e info deste ano, porque en marzo teremos visita de 2 activistas!!

BENVIDA Á NOVA WEB DE MULLERES BRAVAS!

🌐 https://mulleresbravas.gal/

Nova imaxe de Mulleres Bravas, a cargo de Iria Fafián

Acacia Naves García-Rendueles, voluntaria de ESF dende hai moitos anos (actualmente no grupo de Mulleres Tecnólogas para o Ben Común e asesora técnica en temas de auga), doctora Enxeñería de Camiños e profesora na UDC, estivo no IES Zalaeta, falando...

Acacia Naves García-Rendueles, voluntaria de ESF dende hai moitos anos (actualmente no grupo de Mulleres Tecnólogas para o Ben Común e asesora técnica en temas de auga), doctora Enxeñería de Camiños e profesora na UDC, estivo no IES Zalaeta, falando para 4 grupos de 2º da ESO (houbo que facer dúas tandas). O título do faladoiro foi “Cómo atopei o que realmente me gusta” . Estivo acompañada tamén polas docentes Paz, José, Belén, Luisa, MªXosé e Iria.

Baseou o faladoiro no feito de como ela foi tomando decisións pouco a pouco, fuxindo da irreversibilidade. Sempre hai tempo para cambiar o rumbo, o cal pode dar tranquilidade ás persoas nesas edades.

Ela falou de eleccións baseadas ao principio nas materias que lle gustaban e as capacidades que tiña, así como oportunidades que logo poden ir xurdindo e ás veces se poden aproveitar (bolsas, estancias no extranxeiro, etc).

Fixo fincapé da importancia de equilibrar a vida laboral (ou de estudo) coa parte personal de relacións persoais e, como no, ocio e deporte (no seu caso, o rugby!).

Falou tamén da influencia que algunhas docentes tiveron na súa elección, das primeiras experiencias como muller-enxeñeira en obras e en investigación, das súas actividades en voluntariado… e de que os cartos sirven até certo punto, pero non é cando máis gañas cando máis feliz eres.

A nivel técnico, deu pinceladas de que é un almacenamento xeolóxico de residuos radiactivos, que son os laboratorios profundos tamén o problema das traídas veciñais de abastecemento de auga, que se da tanto en Galicia como en países onde traballamos como Hondura. Acabou falando da súa actividade actual e do satisfactorio que é traballar en tecnoloxía para o ben común coas persoas.


O faladoiro foi ben valorado, polo enfoque na toma de decisións sobre o futuro e falar de bastantes cousas sen demasiada profundidade para que se fixera fácil de seguir e ameno. Ás veces non é sinxelo comunicar este tipo de ideas a esas edades. Esperamos que fora de moita utilidade!