Como cada ano por estas datas, abrimos o prazo para solicitar unha das 3 prazas do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (ao que chamamos agarimosamente PCR). Trátase dunha experiencia inmersiva de educación pa...

Como cada ano por estas datas, abrimos o prazo para solicitar unha das 3 prazas do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (ao que chamamos agarimosamente PCR).

Trátase dunha experiencia inmersiva de educación para a cidadanía global, coñecendo o traballo nos proxectos que apoiamos no sur de Honduras, coas organizacións hondureñas coas que colaboramos. Hai unha formación e integración previa, cunha estancia no verán en Honduras, na que ESF Galicia se fai cargo de viaxe internacional, seguro e aloxamento (manutención e gastos correntes van a cargo da persoa participante) para, á volta, contar co testemuño de primeira man das participantes, organizando actividades de sensibilización.

Este ano o programa conta con financiamento da Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e tamén dos Fondos IRPF da Xunta de Galicia.

Pódese solicitar dende o 2 de febreiro até o 18 de febreiro.

Calquer persoa maior de idade pode solicitar praza.

Haberá un proceso de selección con dúas fases. As persoas que sexan preseleccionadas na primeira fase, pasarán a unha segunda fase con entrevistas. As candidatas seleccionadas para a entrevista serán avisadas vía telefónica o día 23 de febreiro pola tarde-noite, para ter as entrevistas o 25.

AQUÍ se poden consultar as bases, cos requisitos valorables e prazos.

Chega o Boletín Sonoro do Inverno de 2026. Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. O formato por estación do boletín sonoro consiste en programas un pouquiño máis longos que cando era mensual (agora son...

Chega o Boletín Sonoro do Inverno de 2026. Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

O formato por estación do boletín sonoro consiste en programas un pouquiño máis longos que cando era mensual (agora son uns 15 minutos), pero con máis contexto das actividades que vos contamos, e tamén das novas que nos chamaron a atención.

O boletín o esquema dos boletíns escritos de cada mes, falando das actividades realizadas en Galicia, en Honduras, en Mozambique, escolma de novas que nos chamaron a atención, recomendación artística (desta volta unha película), datas vindeiras de interese e a ESFrase do trimestre.

Pódese ver a información deste boletín sonoro ampliada nos BOE dos pasados outubro, novembro, decembro de 2025 e xaneiro 2026.

Escoitao aquí