Como peche da primeira fase do proxecto de Hackers Sen Fronteiras, organizaramos un concurso de iniciativas didácticas por parte de profesorado de centros de ensino secundario para achegar a tecnoloxía para o ben común á súa comunidade educativa. A i...

Como peche da primeira fase do proxecto de Hackers Sen Fronteiras, organizaramos un concurso de iniciativas didácticas por parte de profesorado de centros de ensino secundario para achegar a tecnoloxía para o ben común á súa comunidade educativa. A iniciativa gañadora veu do IES Primeiro de Marzo de Baiona, dende o departamento de tecnoloxía.

O IES Primeiro de Marzo é un instituto que acolle alumnado dos concellos de Baiona e Oia, a maioría da contorna rural.

Este curso procedeuse á actualización da aula de informática. Os ordenadores antigos que se van substituír son o obxectivo deste proxecto. Retiraranse os que están fallando continuamente e sobre os que hai incidencias continuas cada certo tempo, aproveitándose os compoñentes que funcionen ben (memoria, fonte de alimentación, etc.). Algúns equipos prepararanse para a súa instalación nos departamentos que o necesiten e os equipos restantes serán prestados ou doados ao alumnado con necesidades ou asociacións sen ánimo de lucro da contorna.

Está previsto que o alumnado de Dixitalización de 4ºESO proceda ao cambio dos ordenadores vellos polos novos equipos, previa exposición dos tipos de conectores e portos existentes, disposición, ventilación e normas de coidado xeral. Procederá tamén á verificación do correcto funcionamento, actualización e instalación de software (que será libre).

As actividades a desenvolver serán:

  • Reparación e actualización dos equipos
  • Difusión interna e instalación no centro
  • Difusión externa e préstamos

Deste xeito, búscase xerar un impacto social na comunidade impulsado dende o centro de ensino.

A Escuela de Habilidades para la Vida que CODDEFFAGOLF impulsou dentro do proxecto de apoio a grupos marisqueiros en Honduras financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, culminou con éxito o seu proceso. Nela participaron 25 homes e mulle...

A Escuela de Habilidades para la Vida que CODDEFFAGOLF impulsou dentro do proxecto de apoio a grupos marisqueiros en Honduras financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, culminou con éxito o seu proceso.

Nela participaron 25 homes e mulleres de 5 grupos organizados das comunidades de: Ojo de Agua, Agua Caliente, Nueva Concepción (del municipio de El Triunfo), El Quebrachal en el Municipio de Namasigüe.


O propósito foi fortalecer aos grupos mediante o desenvolvemento de destrezas esenciais para enfrontar os desafíos da vida cotiá. Tivo catro módulos:

  • Autocoñecemento
  • Xénero e Novas Masculinidades
  • Liderado e Cultura de Paz
  • Liderado Xerencial

A valoración foi moi positiva por parte das participantes e este último día, coa entrega de certificados, tivo un carácter festivo e lúdico.