A pasada semana houbo moita actividade no programa de Soberanía Alimentaria que desenvolvemos no sur de Honduras xunto con CODDEFFAGOLF. Por un lado, a visita técnica do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e, por outro, un dos días, a visita do embaix...

A pasada semana houbo moita actividade no programa de Soberanía Alimentaria que desenvolvemos no sur de Honduras xunto con CODDEFFAGOLF. Por un lado, a visita técnica do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e, por outro, un dos días, a visita do embaixador de España en Honduras xunto cunha delegación da Cooperación Española no país.

As compas do CETMAR compartiron as súas experiencias na adecuada xestión da investigación para mellorar os recursos mariños costeiros, así como o desenvolvemento e innovación na pesca. Estiveron a traballar cos colectivos de mulleres marisqueiras de Amapala, Marcovia e San Lorenzo. Tamén levaron a cabo reunións de coordinación con diversas institucións gobernamentais e municipalidades.

Houbo unhas primeiras tomas de contacto con productoras, e con distintas institucións do sector da pesca e o marisqueo do sur de Honduras, como a Dirección General de Pesca o la universidad.

O día 20 foi a visita do Embaixador de España en Honduras, Diego Nuño García, así como a delegación da Cooperación Española e Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). O propósito da visita foi coñecer de cerca a perspectiva do sector pesqueiro e marisqueiro no municipio de Amapala. Tiveron a ocasión de falar con mulleres marisqueiras e pescadoras dos grupos aos que apoiamos co programa de soberanía alimentaria e defensa da terra, co proxecto financiado por AECID e o proxecto financiado pola Cooperación Galega (no que se encadra a visita de CETMAR).

Aproveitouse a visita para facer formacións con CETMAR. Compartíronse vivencias relacionadas coas tarefas cotiás da recolleita de mariscos, así como coas costumes e coñecementos que a rodean. Posteriormente, brindouse a oportunidade de experimentar na creación de novas receitas, usando os mariscos como ingredientes principais. Ademais, realizouse unha reseña da actividade marisqueira en Galicia para identificar que accións se poden considerar para a súa aplicación.

Ao final da semana levouse a cabo unha avaliación das actividades realizadas. Compartíronse valiosas observacións para mellorar os seguimentos da calidade da auga e das poboacións de moluscos bivalvos. Isto permitirá establecer un mecanismo de alerta temperá directamente desde as comunidades, liderado polas mulleres marisqueiras que son peza chave como investigadoras comunitarias. Pero tamén houbo tempo para visitar as lagoas de inverno onde se desenvolverá o programa de restauración, que comeza neste 2023.

A impresión xeneralizada foi dunha semana moi fructífera, de compartir e aprender, fortalecendo as redes de traballo con diversos actores.

Na edición 2023 da Atlantica Conf, que busca ser punto de encontro da comunidade tecnolóxica galega, tivemos ocasión de realizar tres actividades de distintos temas nos que traballamos en ESF, sempre na liña de poñer a tecnoloxía ao servizo do ben co...

Na edición 2023 da Atlantica Conf, que busca ser punto de encontro da comunidade tecnolóxica galega, tivemos ocasión de realizar tres actividades de distintos temas nos que traballamos en ESF, sempre na liña de poñer a tecnoloxía ao servizo do ben común e os dereitos humanos.

O venres 22 de setembro presentouse a Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia, con Jorge Lama, Jose González e Iván Touris, tendo despois unha reunión do grupo de Bancos (onde estiveron outrxs voluntarixs dos Bancos como Paula, David, Sergio e Manuel) e se falou de:

Algúns temas que se tocaron:

  • Repaso de actividades da rede de bancos de reciclaxe electrónico de Galicia
  • Educación e tecnoloxía
  • Alternativas aos ChromeBooks
  • Que se pode facer cun ordenador vello?
  • Obsolescencia programada
  • Dereito a reparar
  • Risas e anécdotas…

O sábado 23 pola tarde estivo Thais Pousada, de ESF e o grupo Talionis da Universidade da Coruña, falando de Tecnoloxías para o ben común e a inclusión. Xenerou nas asistentes esa inquietude de como poñer a tecnoloxía ao servizo dos coidados e falou de proxectos chulos como VisualTech, plataforma para mapeo de produtos de apoio de baixo custo. Podedes ver a súa intervención (son 7 minutiños, pero que dan para moito) aquí.

O sábado 23, a continuación da anterior, Loisa Lariño e Adrián Eiris presentaron o Visor dos sistemas municipais de abastecemento de auga en Galicia. Falaron da parte técnica do visor, pero tamén do utópico que resulta aínda falar de datos públicos abertos nas administracións e os atrancos atopados na realización deste traballo inxente, realizado case por completo por persoas voluntarias. Aquí se poden coñecer detalles do visor e fedellar con el.